Resolución de problemas de forma autónoma |
O profesorado ofertará ao alumnado unha escolma de textos. O/a estudante, pola súa banda, elixirá entre os textos ofertados. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado coas temáticas traballadas dentro dos contidos. Asimismo dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complementa á información e os contidos que se desenvolvan nas clases. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Os/as estudantes, coa oportuna orientación do profesorado, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico nas leccións maxistrais e que sexan susceptibles de tratamento de estudio recorrindo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes. O/a estudante realizará procuras documentais e bibliográficas para a maior comprensión dos bloques de contido. Neste sentido, apoiarase nas fontes e bases de datos especializadas tanto da biblioteca da nosa universidade como doutras fontes atopadas a través de internet. |
Lección maxistral |
As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ao grupo de clase polo profesorado. O/a docente centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia. |