Probas de resposta curta |
Exame teórico.
Tipo test e/ou resposta curta. |
70 |
|
B7 B10 B12 B13 B16 B21 B23 B24 B25 B26
|
C28
|
|
Todo o alumnado asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante exame ou segundo estableza a guía docente). a) Na convocatoria do segundo cuadrimestre (maio-xuño) o exame terá unha valoración do 70% e a participación activa nas sesións prácticas un 30% (deberán asistir como mínimo ao 80% das sesións prácticas). O alumnado que non cumpra o 80% de asistencia práctica, deberán realizar un exame práctico e/ou se incluirá unha ou varias preguntas extras de desenvolvemento no exame de preguntas curtas. É indispensable superar o exame teórico e o práctico (se fose o caso) cunha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar a materia. b) De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. Nesta convocatoria (xuño-xullo) e na de fin de carreira (setembro) o exame teórico terá unha valoración do 70% e o práctico un 30% (se ten superada a parte práctica na convocatoria anterior no será preciso facer este exame). O examen práctico consistirá en preguntas extras de desenvolvemento no exame de preguntas curtas. c) As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |