Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Electrónica e automática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral En relación á primeira parte da materia (temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía), ao finalizar as clases farase un exame no que se exporán diversas cuestións e problemas sobre os contidos desta parte da materia. Dito exame representa un 50% da nota final da materia. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado “Outros comentarios e avaliación de Xullo”. Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 e RA4.
En relación á segunda parte da materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía), realizarase unha proba de resposta curta sobre as contidos/competencias/resultados de aprendizaxe dos GRUPOS GRANDES/AULA. Esta proba é obrigatoria e representa un 22.5% da nota final desta materia. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado “Outros comentarios e avaliación de Xullo”. Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7.

72.5 B1
C17
C18
D1
D3
D6
D8
Prácticas de laboratorio En relación á primeira parte da materia (temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía) faranse unha serie de prácticas. Se se resolven correctamente todas as prácticas propostas entón a este apartado asignaráselle unha cualificación de APTO. En caso contrario asignaráselle unha cualificación de NON APTO. A cualificación de APTO neste apartado é un requisito indispensable para poder aprobar a parte da materia relativa aos temas 1 a 4 na primeira edición da acta (Maio, ver detalles no apartado de “Outros comentarios e avaliación de Xullo”). Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 e RA4

En relación á segunda parte desta materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía) realizarase 1 proba sobre as contidos/competencias/resultados de aprendizaxe das clases de GRUPOS REDUCIDOS/LABORATORIO. Esta proba corresponde a un 22.5% da nota final desta materia. Esta proba é obrigatoria. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado “Outros comentarios e avaliación de Xullo”. Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7

22.5 B1
B4
C17
C18
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Resolución de problemas de forma autónoma En relación aos temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía, ao longo do período de docencia desta parte da materia se propondrán unha serie de exercicios e/ou problemas como actividades non presenciais. Se se entregan todos os exercicios correctamente resoltos dentro dos prazos que se indiquen nos correspondentes enunciados, a este apartado asignaráselle unha cualificación de APTO. En caso contrario asignaráselle unha cualificación de NON APTO. A cualificación de APTO neste apartado é un requisito indispensable para poder aprobar a parte da materia relativa aos temas 1 a 4 na primeira edición da acta (Maio, ver detalles no apartado de “Outros comentarios e avaliación de Xullo”). Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 e RA4.

En relación á segunda parte desta materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía) a realización de problemas e/ou exercicios valorarase cun máximo de 0.25 puntos na nota final.
2.5 B1
C17
C18
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Outros Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases de teoría e nas clases prácticas. 2.5 C17
C18
D1
D3
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Esta materia consta de dous partes.

Na primeira parte (temas 1 a 4) vense conceptos básicos de Electrónica e na segunda parte (temas 5 a 9) vense conceptos sobre Regulación Automática. O peso de cada parte na nota final é dun 50%. Dado que as notas numéricas nas actas teñen que estar comprendidas entre 0 e 10 puntos [ver Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE do 18 de setembro) e o acordo do Consello de Goberno do 18/03/2004], cada parte da materia achega unha nota entre 0 e 5 puntos á nota final que se poñerá no acta.

A nota final en calquera edición da acta (Maio, Xullo) obterase sumando as notas (entre 0 e 5 puntos) obtidas en cada unha das dúas partes da materia. Para poder aprobar a materia en calquera edición da acta (Maio, Xullo) será necesario obter unha nota mínima de 2,5 puntos (sobre 5 puntos) en cada unha das dúas partes. No caso de obter unha nota inferior a 2,5 puntos (sobre 5 puntos) nalgunha das partes, a nota final que figurará no acta será a suma das notas obtidas en ambas as partes limitándoa a un máximo de 4 puntos. O calendario de exames, aprobado oficialmente pola Xunta do Centro da EEAE, atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

PARTE I da materia:

Criterios de avaliación para asistentes, relativo aos temas 1 a 4, correspondentes á primeira edición da acta: as competencias adquiridas polos alumnos asistentes na primeira edición da acta, relativas aos temas 1 a 4, avalíanse mediante:

_ A realización dunha serie de prácticas no laboratorio. A cualificación final das mesmas será de APTO no caso de que se fagan correctamente todas as prácticas e será de NON APTO no caso de que non sexa así.

_ A resolución dunha serie de exercicios e/ou problemas propostos como actividades non presenciais. A cualificación final dos mesmos será de APTO no caso de que se fagan correctamente todos os exercicios e/ou problemas e será de NON APTO no caso de que non sexa así.

_ A realización dun exame escrito, o cal se valorará sobre 5.0 puntos. A duración do devandito exame será de 2.5 horas.

Proceso de cualificación: a nota final correspondente á Parte I da materia será igual á nota que se obteña no exame sempre que dita nota non sexa inferior a 2,5 puntos e se obteña unha cualificación de APTO tanto na realización das prácticas como pola resolución dos exercicios e/ou problemas propostos como actividades non presenciais. No caso de que non se obteña unha nota mínima de 2,5 puntos no exame ou unha cualificación de APTO tanto na realización das prácticas como pola resolución dos exercicios e/ou problemas propostos como actividades non presenciais, a nota final desta parte da materia será igual á nota que se obteña no exame, limitándoa a un máximo de 1,5 puntos.
Nota: Se unha persoa entrega polo menos un exercicio ou fai polo menos unha práctica considérase que segue a materia de forma presencial e, por tanto, aplicaráselle o procedemento de avaliación para asistentes.

Criterios de avaliación para non asistentes, relativo aos temas 1 a 4, correspondente á primeira edición da acta: as competencias adquiridas polas persoas non asistentes na primeira edición da acta avalíanse mediante dúas probas.

Proba 1 (exame escrito): exporanse diversas cuestións e problemas relativos aos temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta materia. O exame realizarase o mesmo día, á mesma hora e no mesmo lugar que o correspondente exame indicado anteriormente para as persoas asistentes. Devandito exame valorarase sobre 5 puntos, sendo necesario obter unha nota mínima de 2,5 puntos para aprobar esta proba. A duración do exame será de 2,5 horas.

Proba 2 (exame no laboratorio): farase unha proba no laboratorio de Electrónica (3ª planta do edificio Politécnico) consistente no deseño, montaxe e/ou simulación de diversos circuítos. Dita proba farase o mesmo día que se faga o exame de teoría. A cualificación da devandita proba será de APTO ou de NON APTO.

Nota: é responsabilidade das persoas non asistentes aprender a manexar o hardware e o software que se utiliza nas prácticas relativas aos temas 1 a 4 desta materia con antelación ao día de realización desta proba. A duración do devandito exame será de 2,5 horas.

Proceso de cualificación: no caso de que no exame escrito obtéñase unha nota igual ou superior a 2,5 puntos e de que na proba no laboratorio se obteña unha cualificación de APTO, a nota correspondente aos temas 1 a 4 nesta primeira edición da acta será a que se obteña no exame. No caso de que non se cumpra algunha das condicións anteriores, a nota desta parte da materia será a que se obteña no exame limitándoa a un valor máximo de 1,5 puntos.

Criterios de avaliación para asistentes e non asistentes, relativo aos temas 1 a 4, correspondente á segunda edición da acta: no caso de non aprobar a materia na primeira edición da acta, disponse dunha segunda oportunidade na segunda edición da acta de Xullo. O sistema de avaliación na devandita edición da acta, correspondente aos temas 1 a 4, consistirá na realización dun exame escrito no que se exporán diversas cuestións e problemas. O exame puntuarase sobre 5 puntos, sendo necesario obter unha nota mínima de 2,5 puntos para aprobar esta parte da materia. A duración do exame será de 2,5 horas.



PARTE II da materia:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PARTE DE AUTOMÁTICA (VÁLIDOS PARA ASISTENTES E NON ASISTENTES, EN CALQUERA EDICIÓN DE ACTAS):
- Realización dunha proba de resposta curta de 1 hora de duración, valorada en 2.25 puntos. Esíxese acadar un mínimo de 0.9.
- Realización dunha proba proba práctica relativa ás clases de grupo reducido/laboratorio, valorada en 2.25 puntos. A duración desta proba será de 1 hora e farase nunha clase de grupo reducido durante a última semana de clases. Esíxese acadar un mínimo de 0.9.
- Resolución dunha serie de exercicios e/ou problemas propostos, valorados en 0.25 puntos.
- A asistencia e a participación activa nas clases valórase cun máximo de 0.25 puntos.

Proceso de cualificación: no caso de acadar o mínimo de 0.9 nas dúas probas, a nota final desta parte da materia será a suma dos catro
criterios descritos. No caso de non superar algunha das dúas probas (nota inferior a 0.9 puntos), a cualificación desta parte será a dita suma, limitada a un máximo de 2.45 puntos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000