Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame ordinario con preguntas de desenvolvemento, a realizar na data establecida polo centro, de teoría e práctica, sobre dos contidos tratados nas distintas sesións.
60 A1
C5
D1
D3
D4
D6
D8
Traballo tutelado Con seguimento do profesor. Valórase a asistencia e participación. 10 D4
D6
D8
Prácticas autónomas a través de TIC Resolución de exercicios de forma autónoma, que complementan ós de aula. 10 C5
D1
D4
D8
Prácticas en aulas informáticas Avaliación das prácticas realizadas semanalmente, con informes periódicos. 20 A1
C5
D1
D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de modo presencial ou non presencial, daquelas actividades
individuais e grupais programadas. A asignatura supérase mediante a avaliación continua ó acadar 5,00 puntos en
cada unha das 3 partes en que se divide. No caso de non acadar 5,00 en cada parte, a materia pode superarse se en cada parte se supera o 4,5 e a media resulta igual ou superior a 5,00 puntos. No caso de que a media sexa igual ou superior a 5 pero non se chegue ao 4,5 nunha das partes, a nota que figurará na acta será 4,9.

A cualificación da primeira parte será a obtida no exame parcial ou na recuperación desa mesma parte no exame final (30% da nota total). A cualificación da segunda parte será a obtida no exame final desa parte (30% da nota total). a terceira parte estará composta por todas as prácticas e traballos realizados (40% restante da nota total, segundo a metodoloxía anteriormente esposta).

No caso de non seguir proceso de avaliación continua o alumno poderá presentarse ó exame final da materia. A súa cualificación será a obtida en dito exame.

Para a avaliación da convocatoria de xullo mantéñense as cualificacións das partes superadas anteriormente, debendo recuperarse as non superadas e podendo presentarse ás superadas co obxectivo de mellorar a cualificación final.

Datas avaliación:
Segundo o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta da Escola, que se publica na súa páxina web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames
A parte práctica, de selo caso, podería requerir algún tipo de prova ó marxe de tales datas.

Compromiso ético: "Espérase que o estudantado presente un
comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento ético
non axeitado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0). No caso de
ser necesario, poderase realizar un novo exame para verificar a
adquisición de competencias e coñecementos por parte do alumnado
implicado."

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000