Cada parte cualificarase sobre 10. O aprobado por curso lógrase ao superar todas as partes. En caso de non superar algunha, gárdanse as aprobadas para a segunda convocatoria.
A vía do exame final, de teoría e práctica, para quen non superen a avaliación continua, cualificarase sobre 8 puntos. Obtense a cualificación final por curso (CT) do modo seguinte: CT = T*0,4+I*0,10+P*0,15+TrP*0,35 T=teoría, I=Informes/memorias, P=Probas prácticas e/ou de aspectos concretos, TrP=Traballo/proxecto de desenvolvemento dun produto. O aprobado por curso, pola vía de avaliación continua, tamén se logra obtendo unha cualificación total (CT) igual ou superior a 5 puntos, de acordo coa fórmula anterior, sempre que en cada parte se alcance polo menos o 40% da súa respectiva valoración máxima. As partes superadas (>=5) conservaranse ata a convocatoria do mes de xullo. Na data sinalada polo centro realizarase o exame final para quen non seguisen o sistema de avaliación continua, que comprenderá tanto á parte teórica (50%) como á práctica (50%). A cualificación obtida será a nota do curso, neste caso. Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0). |