A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de forma presencial ou
non presencial, daquelas actividades individuais e grupales programadas. Na cualificación, corresponderá un 60% á parte teórica e un 40% á parte práctica (a nota desta parte será o resultado dos exercicios prácticos realizados mais o traballo ou traballos desenvolvidos durante o curso). A materia apróbase mediante a avaliación continua ao acadar 5,00 puntos
en cada unha das partes, sen necesidade de realizar o exame da convocatoria oficial establecida polo centro. <*p>Cando
no proceso de avaliación continua queden partes pendentes, o alumnado examinarase
destas partes no exame final, tanto de teoría como de prácticas, salvo naqueles casos que o
profesor considere a posibilidade de recuperalas cun traballo adicional ou
complementario dos anteriores. As partes superadas conservaranse para a segunda convocatoria. No
exame final examinaranse do total dos contidos da materia quen renunciasen á modalidade de avaliación continua, e os que desexen cambiar a nota cursando a modalidade de avaliación continua. A cualificación máxima será de 10 puntos. O exame da parte teórica neste caso realizarase na data fixada polo centro, podendo realizarse o da parte práctica en hora e día diferente. Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamiento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |