Pautas para a mellora e a recuperación: No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria,
dispón dunha segunda convocatoria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de
sumar as seguintes notas: 1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira
convocatoria, cun peso do 25% da cualificación final. 2.- A nota obtida no traballo asignado para a segunda convocatoria coa mesma contextutalización que o realizado na avaliación dos bloques temáticos. O peso desta nota é dun 60% da cualificación final. 3.- A nota obtida na defensa do traballo realizado nesta
convocatoria coa mesma contextualización que na primeira convocatoria. O peso
desta nota é do 15% da cualificación final. Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos.
Unha vez rematado o presente curso académico as
notas obtidas na avaliación de bloques temáticos e na proba oral perden a súa validez. A nota obtida na avaliación de prácticas manterase agás
que o alumno desexe facelas novamente. Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua. Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia á avaliación
continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola dirección do
centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña en función
da disponibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de 10 puntos
cada un. A nota final será a media de ambas as dúas- Para
superar a materia o estudante terá que obter, polo menos, unha nota media igual ou superior a 5 puntos. Compromiso ético.
Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0). |