Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C4 |
Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: fundamentos e ferramentas utilizadas na resolución de problemas analíticos e na caracterización de sustancias químicas |
C15 |
Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: química das moléculas biolóxicas e os seus procesos |
C19 |
Aplicar os coñecementos e a comprensión á resolución de problemas cuantitativos e cualitativos de natureza básica |
C21 |
Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación |
C23 |
Presentar material e argumentos científicos de xeito oral e escrita a unha audiencia especializada |
C25 |
Manexar con seguridade sustancias químicas, considerando as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo a valoración de calquera risco específico asociado co seu uso |
C26 |
Realizar procedementos habituais de laboratorio e utilizar a instrumentación en traballos sintéticos e analíticos |
C27 |
Monitorizar, mediante observación e medida de propiedades físicas e químicas, acontecementos ou cambios e documentalos e rexistralos de xeito sistemático e fiable |
C28 |
Interpretar datos derivados das observacións e medicións do laboratorio en termos do seu significado e relacionalos coa teoría adecuada |
D1 |
Comunicarse de forma oral e escrita en polo menos unha das linguas oficiais da Universidade |
D3 |
Aprender de forma autónoma |
D4 |
Procurar e administrar información procedente de distintas fontes |
D5 |
Utilizar as tecnoloxías da información e das comunicacións e manexar ferramentas informáticas básicas |
D7 |
Aplicar os coñecementos teóricos á práctica |
D8 |
Traballar en equipo |
D9 |
Traballar de forma autónoma |
D12 |
Planificar e administrar adecuadamente o tempo |
D13 |
Tomar decisións |
D14 |
Analizar e sintetizar información e obter conclusións |
D15 |
Avaliar de modo crítico e construtivo o entorno e a si mesmo |