Probas de resposta curta |
Celebraranse 2 probas de resposta curta. Referiranse, respectivamente, á materia dos temas 1 a 3 e 4 a 8. A superación de cada unha delas permitirá que os alumnos poidan non volver examinarse desa materia no exame final, non así no exame de segunda oportunidade (Xuno/Xullo). |
37.5 |
|
|
C3 C14 C19 C20
|
D6 D7 D9 D12 D13 D14
|
Durante o curso realizaranse dúas probas curtas referidas aos temas
1-3, a primeira, e aos temas 4-8, a segunda. Ambas conterán
problemas e cuestións e a súa superación liberará aos alumnos desa
parte da materia no exame final de primeira chamada (Decembro/Xaneiro). De maneira voluntaria, os alumnos poderán participar na resolución de exercicios nos
seminarios ou entregar exercicios propostos. Tamén poderán presentarse a un exame final, que incluirá toda a
materia, que lles permitirá aumentar a puntuación alcanzada nos
parciais. Todo alumno deberá alcanzar polo menos unha cualificación de 3.5 sobre 10
no global das súas probas escritas para poder acumular a puntuación
correspondente a resolución de exercicios.
Na segunda convocatoria (Xullo) manterase a puntuación alcanzada
mediante a resolución de exercicios. O alumno que non se presente a ningunha proba escrita (curta ou longa) durante o curso será cualificado en primeira convocatoria como non presentado.
|