Guia docente 2017_18
E. U. de Estudos Empresariais
Máster Universitario en Comercio Internacional
 Materias
  Fiscalidade Internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia participativa na clase 5 C5
C6
C12
D5
D7
D8
D9
D26
Resolución de problemas Realización dos exercicios e problemas propostos polos profesores da materia 95 C5
C6
C12
D5
D7
D8
D9
D26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado o carácter mixto do máster (presencial e a distancia) e tamén para facer compatible a vida laboral e persoal coa formación, é conveniente implementar sistemas de avaliación que permitan superar a materia a aqueles alumnos que non asistan regularmente a clase. É por iso que o sistema de avaliación cambia lixeiramente en función do tipo de ensino (presencial ou a distancia) e establece un sistema de avaliación complementario que permite a superación da materia a aqueles alumnos que non asistan regularmente a clase.

1.- ENSINO PRESENCIAL

1.1.- AVALIACIÓN CONTINUA

O alumno deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as actividades ou exercicios que propoñan os profesores da materia ao longo do curso, o cal computará o 90% da nota.

A nota media obtida nas devanditas probas incrementarase en ata un punto (10% da nota final) se a asistencia participativa a sesións maxistrais e resolución de problemas e exercicios iguala ou supera o 80% do total.

1. 2.- EXAME FINAL

O alumno que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algunha das actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster.

Neles deberá entregar as actividades pendentes e realizar as probas non aprobadas ao longo do curso, podendo conservar as notas das probas superadas e das actividades realizadas ao longo do curso. A nota final calcularase exclusivamente en base ás cualificacións obtidas nas probas, actividades e traballos.

2.- ENSINO A DISTANCIA

2. 1.- AVALIACIÓN CONTINUA

O alumno deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as actividades ou exercicios que propoñan os profesores da materia ao longo do curso.

2. 2.- EXAME FINAL

O alumno que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algunha das actividades ou exercicios, deberá realizar os exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster.

Neles deberá entregar as actividades pendentes e realizar as probas non aprobadas ao longo do curso, podendo conservar as notas das probas superadas e das actividades realizados ao longo do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000