Guia docente 2017_18
E. U. de Estudos Empresariais
Máster Universitario en Comercio Internacional
 Materias
  Dereito Internacional e Contratación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase o traballo persoal, as achegas do alumno e, no seu caso, as intervencións que se realicen ao respecto. 40 C2
D2
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Avaliaráse o correcto prantexamento en términos xurídicos do caso e a procura e axeitada aplicación dos preceptos legais que correspondan. 40 C2
D2
Probas de resposta curta As preguntas de resposta curta versarán sobre os contidos teórico-prácticos da materia impartidos nas sesións maxistrais. 20 C2
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que non houberan obtido a cualificación necesaria para a superación da materia no proceso de avaliación contínua que se efectúe, e aqueles alumnos que non obtiveran cualificación ningunha no devandito proceso, deberán se presentar a un exame final toórico práctico no que deberán expoñer ou analizar, segundo se determine no momento oportuno, o estudo dun caso ou suposto que se propoña, así coma resolver problemas ou exercizos prácticos que se lle formulen, e respostar ás cuestións teóricas que se prantexen. Ás distintas partes do dito exame aplicaráselles o criterio de ponderación precedentemente indicado no apartado relativo á avaliación contínua.

Para a segunda convocatoria, aplicaránse os criterios anteriores.

Os alumnos que sigan o curso polo sistema de teledocencia deberán desenvolver as tarefas e resposatar aos cuestionarios que se lles propoñan durante o período lectivo, aplicándoselles os mesmos baremos de cualificación que aos alumnos presenciais.

Para a segunda convocatoria aplicaránse os criterios anteriores, nas dúas modalidades, presencial e teledocente. No seu caso, o alumno que se presente nesta convocatoria, ademais de realizar as tarefas que se sinalen na data de exame oficialmente fixada ao efecto, deberá presentar os traballos que, con carácter previo, houberan sido encomendados a tal fin.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000