Os impostos e o sistema tributario no seu conxunto teñen indudables consecuencias na actividade comercial ou empresarial posto que acompañan todas as fases dunha actividade económica: o inicio, o exercicio da mesma ou as ventas que se realizan e, finalmente, o cese ou transmisión do negocio. Ademais, o coñecemento das consecuencias tributarias dos actos do empresario permite planificar adecuadamente as operacións e os seus custos, así como evitar consecuencias como o pagamento de multas, xuros ou liquidacións complementarias.
A asignatura pretende que o alumnado sexa capaz de coñecer as obligacións tributarias que lle corresponden e a fiscalidade aplicable aos beneficios das operacións empresariais e, sobre todo, do comercio de bens ou servizos.