Profundización nos aspectos comunicativos comerciais en lingua inglesa, centrados nas negociacións e os compoñentes culturais que inciden na comunicación. Abordaránse as catro macrodestrezas e as microdestrezas profesionais, con textos especializados e auténticos. Entre outros temas, prestaráse especial atención ás negociacións comerciais e reunións de empresa (internas e externas) nun contexto internacional, ás reclamacións e a súa xestión, e ós documentos propios do comercio internacional.