Guia docente 2017_18
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Dereito mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Os alumnos deberán presentar un traballo por escrito proposto polo profesor e defendelo mediante a súa exposición oral. Avaliaráse a estructura e contido do traballo escrito; a claridade e capacidade de síntese na exposición oral; en xeral, o grao de comprensión dos conceptos e contidos expresados. Co traballo de seminario poderá acadarse ata 2 puntos da nota final. 20 B3
B4
B5
B6
C6
C9
D3
D4
D8
D9
D13
D15
D18
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio os alumnos deberán facer os traballos prácticos que se lles propoñan. A participación activa na clase será especialmente valorada. Pola resolución dos casos e polas boas intervencións no desenvolvemento desta actividade, poderánse acadar ata 3 puntos da nota final. 30 B3
B4
B5
C9
C16
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D17
D18
Probas de resposta curta Ao final do cuadrimestre haberá un exame que consistirá no prantexamento ao alumno dun test formado por dez preguntas de catro alternativas onde soamente unha será válida.
A nota máxima que se poderá acadar co exame final é de 5 puntos. Neste exame será preciso obter como mínimo unha cualificación de 2 puntos (sobre 5) para que á puntuación alcanzada poida engadirse a correspondente á avaliación contínua.
50 B4
B6
C9
C16
D3
D4
D5
D15
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para que a nota obtida na avaliación continua sume á do exame final, será preciso obter neste exame unha cualificación mínima de 2  puntos (sobre 5). Para os alumnos que non superaran a materia na convocatoria de maio-xuño, conservaráselles a cualificación obtida na avaliación contínua na convocatoria de xullo.

Os alumnos que non se acolleran ao sistema que se establece nesta guía con inclusión da avaliación contínua, farán un exame diferente ao dos alumnos que seguiron o dito sistema e que constará dun cuestionario de dez preguntas e un caso práctico a resolver. O dito exame será avaliado sobre 10 puntos, dos que 7 corresponderán ó examen e 3 ó caso práctico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000