Avaliación continua Para ter dereito á avaliación continua os alumnos deben asistir a un mínimo do 65% das clases prácticas e realizar as actividades que se soliciten, tanto nas clases como fose do horario de clases (HTA e HTC). A estes efectos NON se consideran entregadas as prácticas que non se suban á plataforma Faitic, se os profesores habilitan unha entrada en "exercicios", ou, na súa falta, que non se entreguen en papel. A nota da práctica ou exercicio non é superior ao 3 sobre 10. A entrega fóra de prazo ten unha penalización mínima do 25% da nota. Despois de transcorridos 15 días da data máxima de entrega as tarefas ou actividades non se valoran, salvo excepcións debidamente xustificadas. Para obter a cualificación final as puntuacións parciais ponderaranse de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente,debendo conseguir o alumno un aprobado nas prácticas e foros e, nas probas e exames. Avaliación tradicional Os alumnos deben aprobar o exame fixado oficialmente que será máis completo que o exame en avaliación continua.A materia a exame será tanto teórica como práctica. Segunda oportunidade Os alumnos en avaliación continua completarán as tarefas e actividades realizadas durante o curso e realizarán o exame oficial. Os alumnos que optasen pola avaliación tradicional teñen que aprobar o exame oficial. En todos os sistemas e oportunidades o aprobado será un 5 sobre 10. |