Nesta materia abórdanse conceptos relacionados coa análise de confiabilidade de sistemas electrónicos complexos así como o modelado destes, desde o punto de vista da confiabilidade. Inclúense metodoloxías de deseño de sistemas electrónicos para aplicacions de seguridade, e tamén a análise EMC. Finalmente abórdase a xestión dos activos físicos e o capital humano.