Resolución de problemas |
Resolución de exercicios propostos |
33 |
A2
|
B4 B8
|
C28
|
|
Nesta materia hai dous modos de avaliar ao alumnado: avaliación continua ou avaliación por exame final. 1. Avaliación continuaA avaliación continua consiste na avaliación das tarefas propostas polo profesor ao longo do curso. Os alumnos executarán as tarefas e entregarán un informe de cada unha das tarefas. O profesor convocará aos alumnos para que presenten oralmente na aula as tarefas executadas e realizar preguntas sobre as mesmas. O profesor cualificará ao alumnado a partir do seu desempeño na realización das tarefas, os informes e a presentación. As cualificacións serán válidas só para o curso académico en que se realicen. Enténdese que o alumno opta por avaliación continua se presenta algunha das tarefas propostas. Desde ese momento considérase presentado á convocatoria. A súa cualificación será a de avaliación continua. 2. Avaliación por exame finalO exame final polo que se avalía ao alumnado que non participa na avaliación continua consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos contidos da materia. A data para a realización desta proba será fixada pola dirección do centro no calendario de exames finais. 3. Exame extraordinario (xuño-xullo)O exame extraordinario consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos contidos da materia. A data para a realización desta proba será fixada pola dirección do centro no calendario de exames extraordinarios. Este exame é o mesmo para todos os alumnos, seguisen ou non a avaliación continua. |