Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame escrito sobre os contidos da materia |
50 |
A1 A3
|
B4 B8
|
C26 C27
|
|
Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e
avaliación única.
A avaliación continua consistirá na realización dun exame final escrito (50% da cualificación), un proyecto práctico de laboratorio (30%) e na resolución escrita de problemas ao longo do curso (20% da cualificación). A avaliación única consistirá na realización dun exame final escrito (60% da cualificación) e no
desenvolvemento dun proxecto práctico (40% da cualificación) que se presentará antes do último día hábil
anterior ao período oficial de examen. Os alumnos escollerán unha ou outra modalidade de avaliación no momento en que se anuncie o proxecto de desenvolvemento. Consideraranse
non presentados todos aqueles que non efectúen elección explícita nese momento.
Quen non superen a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispoñen dunha segunda oportunidade no
mes de xullo na que se voltarán a avaliar os seus coñecementos cunha proba escrita ou avaliarase novamente o seu proxecto se se mellorou
ou modificou este. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período
ordinario de avaliación conforme á modalidade que se elixira. A cualificación das probas só ten efecto no curso académico en que se obteñan, con independencia do itinerario
de avaliación escollido. En caso de plaxio nalgún traballo ou proba, a calificación final da materia será SUSPENSO (0) e os profesores da materia comunicarán á dirección da Escola esta infracción para que adopte as medidas que estime oportuno. |