Prácticas en aulas informáticas |
Durante estas clases, coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, o estudante deseñará un prototipo circuital, entre aqueles descritos no temario. Este traballo completarase a través do traballo persoal tutorizado que realizará o estudante.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
|
Traballo tutelado |
Coa axuda das horas de práctica en salas de computadores, e a través do seu traballo persoal, o estudante será guiado na realización individual dun deseño dun prototipo circuital. Despois fabricará este prototipo e avaliará o seu rendemento durante as prácticas de laboratorio. O estudante redactará un informe final do traballo. Este proxecto requirirá a maior parte do esforzo do estudante na materia.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8. |