Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final |
50 |
A5
|
B12
|
C35
|
|
Avaliación continua: Para optar á avaliación continua, é necesario asistir ó 80% das sesións prácticas de laboratorio e realiza-la entrega parciais que se indiquen do proxecto de grupo. Cada unha das entregas será avaliada de xeito individual, sendo a nota total da práctica o resultado de ponderar o 50% da nota obtida na última entrega coa media aritmética das entregas anteriores. Tódalas notas asociadas coa realización do traballo en grupo serán compartidas por todos os membros do mesmo. A nota final da materia será a media ponderada entre a nota da práctica (50%) e a nota acadada na proba de resposta longa (50%). Avaliación final: Os alumnos que prefiran a avaliación final deberán indicalo ó profesor antes da data da primeira entrega parcial do proxecto de grupo. Nese caso, as súas entregas parciais non serán tidas en conta para a nota, pero si para os demais compañeiros do grupo que opten á avaliación continua. A nota final será, directamente, o 50% da nota obtida na entrega final (única) do traballo e a nota acadada na proba de resposta longa (50%). Segunda convocatoria: Na segunda convocatoria os alumnos deberán entregar de xeito individual unhas pequenas modificacións ó proxecto desenvolto ó longo do curso. No caso dos alumnos de avaliación final, esta entrega será o 50% da nota da convocatoria e o 50% restante será, de novo, o resultado da proba de resposta larga. No caso dos alumnos de avaliación continua, a nota da práctica será a maior que se obteña entre a media ponderada da nova entrega (50%) e as entregas parciais (50%) ou de considerar unicamente a nova entrega. |