1. Avaliación continuaA avaliación continua divídese en cinco partes (cos seus respectivos pesos): aproveitamento das prácticas de laboratorio (15%), traballo tutelado (10%), proba práctica (25%), proba de respostacurta (25%) e proba de tipo test (25%). A nota final puntúasesobre un máximo de 10 puntos. A nota final é a suma das notas de cada parte se se cumpren as seguintes condicións: - Realizar un mínimo do 80% dasprácticas de laboratorio.
- Obter unha puntuación mínima do 40% en cadaparte da avaliación.
Se non se cumpre algún dos requisitos anteriores, a nota final será a suma dasnotas de cada parte, pero limitada a un 40% da nota máxima (4 puntos). Para aprobar, os alumnos deben obter unha puntuación total igual ou superior ao 50%da nota máxima (5 puntos). A proba práctica realizarase na última sesión de laboratorio. As probas de tipotest e de resposta curta dividiranse en dúas sesións repartidas ao longo doperíodo de docencia da materia. 2. Exame finalOs alumnos que non opten pola avaliación continua (non realizasen, polo menos,o 80% das practicas) ou obtivesen unha nota total menor que o 5(suspenso), poderán presentarse a un exame final. O exame final consistirá nunha proba práctica e nunha teórica, cada unhacorrespondente ao 50% da nota total. Para aprobar deberá obter un mínimodo 40% en cada parte e sumar en total, como mínimo, 5 puntos. 3. Convocatoria de recuperaciónA convocatoria de recuperación será como a do exame final. |