A elección de avaliación continua implica necesariamente que o alumno se presentou, con independencia de que
asista ou non á proba de resposta longa.
Avaliación ao final do cuadrimestre:
Ademais do sistema de avaliación continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único exame
final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%). O profesor poderalle esixir ao alumno a entrega de tarefas
adicionais, as cales lle serán notificadas na cuarta semana do curso e deberán ser entregadas o día do exame final.
Para poder aprobar a materia o alumno deberá obter, polo menos, 50 puntos sobre 100 contando o exame final e as
tarefas adicionais.
Avaliación no mes de Xullo:
Aqueles estudantes que optaron por un sistema de avaliación continua e cumpren os requisitos (a) e (b) mencionados
arriba poderán, se así o desexan, conservar a nota obtida nas tarefas de avaliación continua (70%) e realizar unha
proba de resposta longa (30%). Para poder superar a materia, estes alumnos deberán obter, polo menos, 12 puntos
sobre 30 na proba de resposta longa, e obter un mínimo de 50 puntos en total contando todas as actividades do
curso.
Alternativamente, estes alumnos poderán tamén optar por realizar un único exame final sobre a totalidade dos
contidos da materia (100%). En caso de querer ser avaliado mediante un exame final, estes alumnos deberán
comunicar esta decisión ao profesor cunha antelación mínima dun mes respecto da data programada para a
realización do exame final. En caso contrario, considerarase que o alumno opta por unha proba de resposta longa.
O resto de alumnos (isto é, aqueles que optaron por un sistema de avaliación continua e non cumpren os requisitos (a)
e (b), e aqueles estudantes que optaron por realizar un único exame final) serán avaliados mediante un único
exame final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%).
No caso de realizar un único exame final, o profesor poderalle esixir así mesmo ao alumno a entrega de tarefas
adicionais, as cales lle serán notificadas con, polo menos, un mes de antelación respecto da data de celebración do
exame final e deberán ser entregadas o día de celebración do mesmo. Para poder aprobar a materia o alumno deberá
obter, polo menos, 50 puntos sobre 100 contando o exame final e as tarefas adicionais.
En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas nas evaluacións arriba indicadas, a calificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.