1. Avaliacióncontinua A materia pode ser superada coa nota máxima a partir da avaliación continua, sen necesidade de presentarse ao exame final. Os estudantes que asistan a máis de 2 sesións de laboratorio considérase que optan pola avaliación continua. O peso e ocontido de cada unha das partes da avaliación continua son as seguintes: 1.1 Proba obxectiva (NExam): - Esta proba cobre todos os contidos impartidos nas sesións de teoría e consta de exercicios curtos ou de desenvolvemento.
- A data desta proba coincide coa data do exame final.
- O estudante supera esta parte se obtén unha nota NExam maior ou igual a 5 sobre 10.
1.2 Prácticas de laboratorio (NPrac): - O estudante debe completar 4 das 5 sesións de prácticas para superar esta parte.
- O estudante debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.
- Pode ser realizado de forma individual ou por grupos de 2 estudantes. Neste último caso, e se ambos asisten á práctica, a cualificación é a mesma para os 2 estudantes.
1.3 Traballo (NTask): - Asígnase de forma individual a cada estudante.
- O estudante presenta o traballo de forma escrita.
1.4 Proxecto (NPro) : - Debe ser presentado de forma oral por cada un dos autores.
- Debe ser realizado por grupos colaborativos de 2 ou máis estudantes. O 60% da nota final do proxecto (NPro) obtense a partir da tarefa individual asignada a cada estudante, o 20% das tarefas do grupo, o 10% da presentación oral de cada estudante e o 10% do informe do proxecto.
- No caso de detección de plaxio ou abandono dalgún membro dun equipo de traballo, a súa cualificación será "suspenso (0)" e non computará na cualificación do resto do grupo
- O estudante supera esta parte se obtén unha nota NPro maior ou igual a 5 sobre 10.
1.5 Cualificación final (Final_ca) A cualificación final da avaliación continua obtense da seguinte forma: Final_ca: =(NExam*0.3 + NPrac*0.2 + NTask*0.2 + NPro*0.3) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 5; Final_ca = min[(NExam*0.3 + NPrac*0.2 + NTask*0.2 + NPro*0.3), 4] noutro caso; O estudante que non supera unha ou máis das partes da avaliación continua ten outra oportunidade para recuperar as seguintes partes na avaliación final: - Pode mellorar o seu traballo e esta nota substitúe á anterior (Ntask).
- Pode completar e defender de novo o seu proxecto e esta nota substitúe á anterior (NPro).
2. Exame avaliación final Realizarase o exame final ao finalizar o cuatrimestre e na convocatoria de Xullo. - No exame final avalíanse todos os contidos. Consiste en varios problemas curtos ou de desenvolvemento e dura 2 horas. Para superar o exame final é necesario obter un 5 sobre 10 e representa o 50% da nota final (NExam).
- Os alumnos deben presentar os resultados das mesmas prácticas de laboratorio realizadas na avaliación continua. O peso destas prácticas representa o 20% da nota final (Nprac).
- Para superar a materia os alumnos deben presentar un proxecto individual cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 30% da nota final (NPro) e é necesario obter unha nota maior que 5 sobre 10 para superar a materia.
A nota final(Final_ex) obtense da seguinte maneira: Final_ex: =(NExam*0.5 + NPrac*0.2 + NPro*0.3) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 5; Final_ex = min[(NExam*0.5 + NPrac*0.2 + NPro*0.3), 4] noutro caso; 3. Outros comentarios - O estudante poderá redactar os seus informes, traballos, exames ou presentacións en castelán, galego ou inglés.
- As notas obtidas na avaliación continua ou nos exames finais só son válidas para o curso académico actual.
- Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fora do alcance do alumno.
- En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.
|