Probas de resposta curta |
Exame escrito que combina preguntas tipo test e cuestións curtas. Non se permite material adicional.
|
60 |
A5
|
B4 B8 B12
|
C8 C9
|
|
Os
estudantes poden decidir ser evaluados segundo un modelo de avaliación continua
ou ben realizar un exame final. Todos os alumnos que entreguen a primeira
práctica na semana 7 están optando pola avaliación continua. Unha vez os
estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non
poderá ser nunca "Non presentado".
A cualificación será o resultado de aplicar a media geométrica ponderada entre
dous resultados: (i) exame escrito (60%) e (ii) parte práctica (40%).
Exame escrito: terá lugar nas datas
publicadas no calendario official. Non se permitirá o uso de ningún material
adicional.
Parte práctica:
1- Modelo de avaliación continua: 2 prácticas intermedias que se entregarán na
semana 7 e na semana 13.
2- Modelo de avaliación final: entrega do traballo encomendado a semana 13.
Na avaliación extraordinaria os estudantes serán evaluados utilizando a
modalidade de "exame final"
Si se detecta plagio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final
da asignatura será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á
dirección da escola para adoptar as medidas oportunas.
|