Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecese aos alumnos que cursen esta materia dous posibles sistemas de avaliación: 1) Avaliación continua: A cualificación final é o resultado de sumar as notas do exame (máximo 4 puntos), informes de prácticas (máximo 4 puntos) e proxecto final (máximo 2 puntos). Para superar a materia é necesario obter alomenos unha cualificación de 30% no exame. De non selo caso, a nota final será diretamente a obtida no exame. De cara á segunda convocatoria, manteránse as notas obtidas nos informes de prácticas. Se o alumno non aprobase o proxecto final na primeira convocatoria poderá presentalo de novo. Na segunda convocatoria o alumno poderá repetir tamén o exame final. 2) Avaliación ao remate do cuatrimestre: A cualificación final é a obtida no exame final, tanto na primeira como na segunda convocatoria. Calquera forma de plaxiarismo implicará automáticamente unha cualificación de Non Apto. Se considera que o alumno opta pola avaliación continua en canto entrega calquera informe de prácticas ou proxecto final. Os informes e o exame poderanse realizar indistintamente en galego, castelán ou inglés. |