DIOMA DE IMPARTICIÓN: INGLES. IDIOMADE AVALIACIÓN: poderase escoller o idioma no que se desexa realizar a probaescrita: inglés ou castelán. Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos estudantes que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:avaliación continua e avaliación non continua (ao final do cuadrimestre), que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado. AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Enténdese que se opta pola avaliación continua unha vez asinouse o documento de compromiso que se lle ofrecerá durante as semanas 1-2, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que a/o alumna/o se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final. Tipos e valoración de actividades: - Realización de traballos tutelados: entregarase 1 traballo aproximadamente na semana 6 e un segundo traballo a semana 11, que contarán cun 30 % da nota final. A parte individualizada da avaliación realizarase a través de avaliacións cruzadas, preguntas orais durante as presentacións e preguntas no exame escrito.
- Informes/memorias de prácticas (Peso: 30 %).
- Proba de resposta curta e pequenos exercicios (Peso:40 % sobre a nota final): ao final do cuadrimestre.
A nota final obtida correspóndese á suma da puntuación obtida en todas as actividades realizadas, cos pesos indicados. Para aprobar, débese obter, polo menos, 4 puntos en cada actividade, e 5 puntos na devandita nota final nunha escala de 0 a 10 puntos. Se nalgunha das actividades a nota non chega ao 4 pero a
media supera o 5, a nota final será de 4. O exame final, a realizar no mes de xullo, constará de unha proba de resposta curta e pequenos exercicios. Quen optase por avaliación continua poderá presentarse poderá presentarse a este exame só no caso de suspender na primeira convocatoria. AVALIACIÓN NON CONTINUA Quen non asine o documento de compromiso enténdese que será avaliada/o a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e incluirá os contidos tratados en todas as actividades (incluídas as prácticas e o traballo en grupo desenvolvido durante a materia), de forma que se demostre que adquiríronse as mesmas competencias que quen optase pola avaliación continua. Para aprobar, debe obterse, polo menos, cinco puntos. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: Quen fose avaliado por Avaliación Continua poderá optar por: - Realizar de novo a proba escrita, conservando as cualificacións obtidas nas actividades realizadas de avaliación contínua, cos pesos comentados anteriormente.
- Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.
Quen NON fose avaliado por Avaliación Continua: será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar debe obterse, polo menos, cinco puntos. Nonse valora ningunha outra actividade realizada.
|