Estudo de casos/análises de situacións |
O estudo e análise de solucións tecnolóxicas reais completa as presentacións de teoría. Esta actividade inclúe o estudo de diferentes alternativas, dispositivos ou sistemas comerciais, estimación de custo e consumo, impacto ambiental e definición de prestacións.
A través dos estudos de casos trabállanse as competencias CE60, CE61 e CG12.
|
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Esta actividade céntrase en aplicar as técnicas descritas nas sesións de teoría e habilidades desenvolvidas no laboratorio á realización dun proxecto. Estas sesións realízanse nun laboratorio con equipamento especializado. Os estudantes deben chegar a solucións ben fundamentadas, escollendo os métodos e dispositivos máis adecuados. Estes proxectos planifícanse e tutorizan en grupos de tamaño reducido.
Nos proxectos trabállanse fundamentalmente as competencias CG9, CG12, CG14 e CT4.
|
Presentacións/exposicións |
O proxecto desenvolvido polos alumnos debe ser presentado de forma oral polos autores.
Mediante as presentacións orais trabállanse as competencias CG9 e CG12.
|