Aprendizaxe baseado en proxectos |
Unha porción da nota final basearase en:
1. Recomendacións dos titores.
Para un seguimento adecuado do desenvolvemento de proxecto, o profesorado pode solicitar diferentes tipos de evidencias, orais e/ou escritas, incluindo informes parciais e/ou finais. Cada parella de titores entregará unha recomendación xustificada aos membros do comité avaliador sobre a metodoloxía de traballo do equipo e o rendemento dos seus membros na consecución dos obxectivos do proxecto.
Aquí serán avaliadas as competencias CG1, CG4, CG6, CG7, CG8, CG11, CG12, CE54, CE55, CE56, CE57.
2. Avaliación por pares. Terase en conta a avaliación dos compañeiros de equipo para as competencias CG9, CT1, CT4. |
65 |
|
B1 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B12
|
C54 C55 C56 C57
|
D1 D4
|
Presentacións/exposicións |
Unha porción da nota final basearase na avaliación do tribunal realizada durante os LPRO DAYS. A asistencia a estas xornadas finais será obligatoria para todos o alumnado, que debe enviar con tres días de antelación un resumo do proxecto para axudar a avaliar o traballo. Esta parte da avaliación farase tendo en conta a presentación, a memoria, o póster e as actividades desenvolvidas durante os LPRO DAYS. Os membros do comité de avaliación serán membros do profesorado dos ECTS tipo A da asignatura, sempre que non estean implicados na supervisión de ningún proxecto. Noutro caso, naqueles proxectos en conflicto se requerirá a axuda dalgún outro profesor da asignatura. A calificación non ten por qué ser idéntica para todos os membros do equipo; aqueles estudantes que non estean á altura dos seus compañeiros e non contribúan axeitadamente ao esforzo colectivo levarán unha nota inferior á media do equipo. Igualmente poden levar unha nota máis alta aqueles estudantes que destaquen polo seu rendemento. |
35 |
|
B1 B7 B9 B12
|
|
D2
|
É obrigatoria a asistencia ao 80% das sesións presenciais realizadas durante o curso, tendo en conta tanto as aulas tipo A como tipo C. As presentacións finais e documentación poderán realizarse en galego, español ou inglés. Agora ben, os alumnos que opten pola asignatura en idioma inglés deben participar en tódalas actividades neste idioma. Aqueles equipos que non consigan a nota mínima para aproba a asignatura terán algunhas semanas adicionais ata a data da segunda convocatoria para defender o seu proxecto de novo. Se o rendemento dun estudante dado é inferior ao dos seus compañeiros, e como resultado non supera a asignatura, deberá mostrar na segunda convocatoria un dominio completo do proxecto desenvolvido polo seu grupo, xunto con suficientes contribucións adicionais de seu. |