Os entregables correspondentes aos exercicios e problemas están previstos,
de forma orientativa, para as semanas 2, 4, 6, 8 e 10.
Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica, ofrécese aos alumnos a opción de avaliación continua ou
facer o exame final na data establecida polo centro.
Os alumnos que elixan avaliación continua deberano comunicar ao profesor
durante as dúas primeiras semanas de clase. A avaliación continua supón:
a) Que
os alumnos realicen os problemas e exercicios propostos polo profesor e entréguenos
en tempo e forma. Valoración máxima 4 puntos. (40% da nota final).
Deberase obter unha nota mínima de 2 puntos. Estas tarefas non serán recuperables posteriormente.
b) Que os alumnos realicen dous traballos en grupo. Un deles
en colaboración con AENOR e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución, e
outro en colaboración cunha empresa da contorna. O traballo en colaboración
coa empresa, a que irán os alumnos cando sexa necesario, realizarase nos meses de Febreiro, Marzo, Abril e Maio. Valoración
máxima 6 puntos (60% da nota final). Deberase obter unha nota mínima de 3 puntos.
Os alumnos que non superen algún dos dous mínimos esixidos, a cualificación será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.
Nos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos os compoñentes do grupo.
A avaliación mediante exame final tanto a final de cuadrimestre como no
extraordinario (Xuño-Xullo), supón:
a) Que os alumnos realicen e entreguen o día do exame, os exercicios e
problemas propostos na materia, aos que se refire o apartado a) do
parágrafo anterior. Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final). Deberase
obter unha nota mínima de 2 puntos.
b) Que os alumnos realicen un exame de 2h
con preguntas e problemas correspondentes tanto á parte teórica como de laboratorio.
Valoración máxima de 6 puntos (60% da nota final). Deberase
obter unha nota mínima de 3 puntos.
Os alumnos que no exame final non superen algún dos dous mínimos esixidos, a cualificación será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.