Actividades introdutorias |
Presentación da materia: programa, bibliografía, metodoloxía docente e sistema de avaliación.
Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3. |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos conceptos principais de cada tema, fomentando a discusión crítica. Se explican as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas. O alumno debe tomar como referencia de contidos de exame os que se indican no documento guía de cada tema.
Traballo persoal posterior do alumno repasando os conceptos vistos na aula e ampliando os contidos tomando como referencia os documentos de apuntamentos de cada tema.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.
Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3.
|
Resolución de problemas |
Exposta unha determinada situación, o alumno debe obter a solución adecuada dunha forma razoada, elixindo correctamente as fórmulas aplicables e chegando a unha solución válida.
Os alumnos resolven os problemas previamente á clase, na cal, participarán activamente.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.
Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3. |
Prácticas en aulas informáticas |
Manexo e axuste de ferramentas de análises e algoritmos, identificando cales usar en cada situación exposta.
Identificación de dúbidas que requiran ser resoltas en tutorías personalizadas.
Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3. |
Foros de discusión |
A web da materia en http://faitic.uvigo.es está incluída na plataforma de teledocencia Tema. A subscrición a esta plataforma, incluíndo unha fotografía é de carácter obrigatorio. Na web, está accesible toda a información relacionada coa materia; publícanse as notas da avaliación continua e créanse foros para que os alumnos intercambien ideas e comenten dúbidas sobre a materia.
Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3. |