1. Avaliación continuaSeguindo as directrices propias da titulación e
os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen
esta materia un sistema de avaliación continua. Enténdese que os alumnos que realicen unha
proba parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas optan
pola avaliación continua da materia. A avaliación da materia divídese en dúas
partes: teoría e práctica. As cualificacións das tarefas
avaliables serán válidas só para o curso académico no que se
realicen. 1.a. TeoríaRealizaranse 3 probas de teoría debidamente
programadas ao longo do curso. As dúas primeiras probas parciais
(PT1 e PT2) realizaranse no horario de teoría ao finalizar o tema 4
e o tema 7 (aproximadamente nas semanas 6 e 12). A terceira proba
será o exame final (EF) que se celebrará nas
datas que estableza a dirección da Escola. Cada proba constará dunha
serie de preguntas de resposta corta e de resolución de problemas
e/ou exercicios e valorarase de 0 a 10. Para superar a parte de
teoría será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no
exame final (EF >= 4). Neste caso a nota final de teoría (NFT)
será o máximo da nota do exame final (EF) e a suma ponderada das
notas de cada proba: NFT = max{EF ; (0,2·PT1 + 0,2·PT2
+ 0,6·EF)}.
No caso de non superar o
exame final (EF < 4), a nota final de teoría será o mínimo de 4
e a expresión anterior: NFT = min{4 ; max{EF ; (0,2·PT1 +
0,2·PT2 + 0,6·EF)}}.
As
probas non son recuperables, é dicir, que si un alumno non pode
asistir o día en que estean programadas o profesor non ten
obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0. 1.b. PrácticaRealizaranse 13 prácticas de laboratorio en
sesións de 2 horas e grupos de 2 alumnos, sempre que sexa posible.
As primeiras cinco prácticas serán guiadas e nelas aprenderase o
manexo das ferramentas que se utilizarán no laboratorio e as etapas
do deseño con dispositivos dixitais configurables. Estas cinco
primeiras prácticas son obrigatorias pero non son puntuables. O
resto das prácticas cualificaranse mediante a avaliación continua.
Cada unha delas avaliarase unicamente o día correspondente á súa
realización segundo a planificación de prácticas e de acordo co
grupo de prácticas asignado polo centro a cada alumno. As prácticas
6 a 13 valoraranse cunha nota de práctica (NP) de 0 a 10 puntos cada
unha. Os profesores terán en conta o traballo previo dos estudantes
para preparar as tarefas propostas e o traballo no laboratorio, así
como o comportamento do estudante no posto. A nota das prácticas ás
que o estudante non asista será de 0. Para superar a parte de
prácticas o alumno non poderá faltar a máis de 2 sesións. Neste
caso, a nota final de prácticas (NFP) será: NFP = (NP6 + NP7 + NP8 + NP9 + NP10 + NP11 + NP12 + NP13)
/ 8.
No caso de faltar a máis de 2
sesións prácticas a nota final de prácticas será: NFP = min{4; (NP6 + NP7 + NP8 + NP9 + NP10 + NP11 + NP12
+ NP13) / 8}.
1.c. Nota final da materiaNa nota final (NF) a cualificación de cada unha
das dúas partes da materia, nota de teoría (NFT) e nota de
prácticas (NFP), terán un peso do 80% e do 20% respectivamente.
Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5
puntos sobre 10 en cada unha das partes (NFT >= 5 e NFP >= 5).
Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de
cada parte: NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP).
No caso de non superar algunha das dúas partes
(NFT < 5 ou NFP < 5), a nota final será o mínimo de 4 e a
suma ponderada das notas de cada parte: NF = min{4 ; (0,8·NFT + 0,2·NFP)}.
Para aprobar a materia será imprescindible obter
un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5). 2. Exame final
Os alumnos que non opten pola avaliación continua
poderán presentarse a un exame final que constará dunha parte
teórica e outra práctica que se celebrarán nas datas que estableza
a dirección da Escola. Para poder presentarse ao exame final de
prácticas é obrigatorio poñerse en contacto co profesorado da
materia a lo menos dúas semanas antes do exame. Desta forma
facilítase a planificación das quendas de exame de laboratorio. O exame teórico constará dunha única proba ou
exame final (EF) cunha serie de preguntas de resposta curta e de
resolución de problemas e/ou exercicios. Esta proba valorarase de 0
a 10 e a nota final de teoría (NFT) será a cualificación obtida. NFT = EF.
O exame práctico consistirá na resolución de
exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados nas
prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0
a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación
obtida. Para aprobar a materia será imprescindible obter
un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes (NFT >= 5
o NFP >= 5). Neste caso a cualificación final (NF) será a suma
ponderada das notas de cada parte: NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP).
No caso de non superar algunha das dúas partes
(NFT < 5 ou NFP < 5), a nota final será o mínimo de 4 e a
suma ponderada das notas de cada parte:
NF = min{4 ; (0,8·NFT + 0,2·NFP)}.
Para aprobar a materia será imprescindible obter
un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5). 3. Exame extraordinario O exame extraordinario constará dunha parte
teórica e outra práctica que se celebrarán nas datas que estableza
a dirección da Escola. Para poder presentarse ao exame final de
prácticas é obrigatorio poñerse en contacto co profesorado da
materia a lo menos dúas semanas antes do exame. Desta forma
facilítase a planificación das quendas de exame de laboratorio. Aos alumnos que se presenten a este exame
conservaráselles a nota que obteñan na avaliación ordinaria
(avaliación continua ou final) nas partes ás que non se presenten
(NFT po NFP), polo que poderán realizar só a parte teórica, só a
parte práctica ou as dúas. O cálculo da nota final da materia
realizarase tal e como se explica no apartado 2 (exame final). |