Liñas de transmisión |
Familiarización con algunhas das liñas de transmisión máis utilizadas: bifilar, coaxial, par trenzado.
Circuíto equivalente de parámetros distribuídos, ecuacións xerais, parámetros característicos (impedancia característica, velocidade de propagación, constantes de atenuación e de fase).
Atenuación, dispersión e diafonía.
Liña de transmisión en circuíto (coeficiente de reflexión, razón de onda estacionaria, impedancia de entrada).
Carta de Smith. |
Fibra óptica |
Estrutura e tipos.
Apertura numérica e cono de aceptación.
Atenuación e dispersión.
Fontes e receptores ópticos. |
Ondas de radio e antenas |
Características das ondas de radio: campo lonxano, integral de radiación.
Concepto de antena e parámetros fundamentais (diagrama de radiación, nivel relativo de lóbulo secundario, ancho de feixe, directividade, ganancia, polarización, impedancia).
Recepción: balance de potencia en condicións de espazo libre (ecuación de Friis), factor de perdas de polarización.
Agrupamentos de antenas. |
Prácticas |
- Manexo de ferramentas informáticas de procura de información técnica, científica e sobre normativa de telecomunicacións.
- Medida e análise de ondas de tensión e corrente e onda estacionaria.
- Fundamentos de transmisión por fibra óptica.
- Adaptación mediante técnicas sinxelas.
- Representación de diagramas de radiación.
- Medida de parámetros básicos de antenas.
- Resolución de problemas. |