Probas de tipo test |
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. |
5 |
|
B3
|
C1 C3
|
|
Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. En todas as probas de avaliación da asignatura avaliaranse as competencias CG3, CE1 e CE3. 1. AVALIACIÓN CONTINUA.
- O sistema de avaliación continua consistirá en:
- a) Unha proba de resolución de
problemas que se realizará aproximadamente na semana 4. A puntuación
será ECa, que poderá valer ata 0.5 puntos.
- b) Unha proba de tipo test
aproximadamente na semana 8. A puntuación será ECb, que poderá valer ata 0.5 puntos.
- c) Unha sesión de resolución de
problemas/cuestións sobre os temas 1, 2 e 3 que se realizará
aproximadamente na semana 8. Se a calificación desta proba é X
(nunha escala de 0 a 10), a puntuación efectiva desta terceira proba
será ECc=(4-ECa-ECb)·X/10.
- A puntuación máxima será de 4
puntos. A puntuación final da Evaluación Continua (EC1) obtense sumando as tres anteriores: EC1=ECa+ECb+ECc. Esta forma de cualificación fai que ao chegar á proba (c) o estudante xa ten seguros os
puntos que obtivera nas probas (a) e (b), pero ademáis pode sempre
aspirar aos 4 puntos coa proba (c).
- Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
- As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.
- A cualificación obtida na proba de avaliación continua (EC1) será válida tan só para o curso académico no que se realice.
- Entenderase que un alumno se
acolle a este sistema se se presenta a facer calquera das probas
"b" ou "c" de avaliación continua.
2. EVALUACIÓN DE FINAL DE CUADRIMESTRE.
- É imprescindible presentarse a este exame para poder aprobar a asignatura na primeira convocatoria.
- Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a súa nota será a do examen final completo (EF).
- Alumnos que seguiron a avaliación continua:
- Realizarán soamente a parte
do examen correspondente aos temas 4 a 7 (EX2). A cualificación de
EX2 será de 0 a 6 puntos e gardarase como nota da avaliación continua da segunda parte da asignatura (EC2) ata a convocatoria
de recuperación de xullo (EC2 = EX2).
- A nota final será EF = EC1 +
EC2. 3. EXAMEN DE RECUPERACIÓN.
- Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a súa nota será a do examen final completo (EF).
- Alumnos que seguiron a avaliación continua:
- O examen de recuperación
estará dividido en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cun valor máximo de 4
puntos, e EX2 (temas 4 a 7) cun valor máximo de 6 puntos.
- Os alumnos que seguiron a avaliación continua escollerán se facer: sólo EX1, sólo EX2 ou ambas
partes. A súa nota final será: EF = max(EX1, EC1) + max(EX2, EC2).
OBSERVACIÓNS: - Considérase presentado a todo estudante que escolleu avaliación continua ou se presentou a calquera dos dous exames finais (o de final de cuadrimestre e o de recuperación). Se un alumno escolle avaliación continua, e non se presenta a ningún dos exames finais (final de cuadrimestre / recuperación), considerarase como presentado e será cualificado pola súa nota EC1.
- Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
|