Estudo de casos/análises de situacións |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Esta metodoloxía traballase tanto en sesións de grupo grande como de grupo mediano.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CE1, CE3 e CT3. |
Resolución de problemas |
Formúlanse problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante o desenvolvemento de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Complemento da lección maxistral.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CE1, CE3 e CT3. |