Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. 1. Avaliación continua Considerarase que un alumno optou por avaliación continua cando entregue ao profesor, antes do 22 de setembro, a folla de inscrición neste tipo de avaliación. Unha vez expresado por escrito o seu desexo de participar, non poderá cambiar a opción de avaliación. A avaliación continua consta das catro sesións que figuran nesta guía e do exame final. As sesións non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode presentarse para realizalas no día estipulado polo profesor, este non ten obrigación de repetirllas. Antes da realización de cada sesión indicaranse a data e o procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (polo xeral unha semana). A nota final dun alumno que faga avaliación continua obterase mediante a fórmula N = (1/10) x C + (5/10) x E C: Nota, entre 0 e 50, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora. E: Nota, entre 0 e 10, obtida no exame final sobre os temas 7 e 8 da materia. Nesta modalidade, un alumno estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. 2. Avaliación ao final do cuadrimestre Aqueles alumnos que non sigan avaliación continua poderanse presentar a un exame final, que non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua, sobre todos os temas da materia. A data deste exame será a mesma na que terá lugar o exame final da avaliación continua. Neste caso, o exame será avaliado entre 0 e 10 puntos e un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5. 3. Segunda oportunidade O día do exame de recuperación, os alumnos que elixiron avaliación continua, poderán optar, se o desexan, a un exame onde a nota se obteña como NR= (1/10) x C (5/10) x D C: Nota, entre 0 e 50, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora. D: Nota, entre 0 e 10, obtida nun exame sobre os temas 7 e 8 da materia de, como máximo, tres horas de duración. Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5 . En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por non seguir a avaliación continua, o exame de recuperación será sobre todos os contidos da materia e será puntuado entre 0 e 10. Este exame terá unha duración máxima de tres horas e non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua. Un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5. 4. Nota de Non Presentado Un alumno considerarase Non presentado se non se apuntou á evaluación continua e non se presentou a ningún dos exames finais (o do fin do cuadrimestre e o de recuperación). 5. En caso de detección de copia ou utilización de aparellos electrónicos non autorizados nalgunha das probas a cualificación será de 0 puntos en dita proba. Ademais, os profesores informarán da incidencia á dirección da Escola para que tome as medidas que considere oportunas. |