Na materia de "Proxectos de Enxeñaría" os alumnos adquiren os conceptos básicos da Dirección e Xestión de Proxectos, os principais procesos e o vocabulario estándar da mesma, cunha visión práctica que pode ser aplicada por empresas de distintos sectores.
Ao finalizar a materia o alumno coñece as distintas metodoloxías de Dirección de Proxectos, así como as principais ferramentas que soportan a xestión necesarias para ser capaz de entender, expor e resolver un proxecto. Foméntase tamén o desenvolvemento de habilidades e competencias xenéricas como o traballo en equipo, intelixencia emocional e social para mellorar a comunicación interpersoal nas organizacións.