Nesta materia preséntanse os elementos principais dun sistema robotizado no ámbito industrial e conceptos relacionados coa estrutura, composición, implantación, programación e funcionamento dos mesmos. Tamén se presentan os fundamentos dos sensores e sistemas de percepción, especialmente os sistemas de visión artificial considerados como sensor avanzado en aplicacións robotizadas.