Informe de prácticas |
Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento dos datos. Habilitaranse exercicios na plataforma de teledocencia para tal fin.
Resultados de aprendizaxe:
O alumno adquire as competencias necesarias para realizar deseños en 3D. |
33.3 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B5
|
C1 C2 C3 C7
|
D6
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Desenvolvidas ao longo de cada cuadrimestre como avaliación continua e poden incluír controis de asistencia e presencialidad que se poderán tomar como índices de realización das mesmas.
Resultados de Aprendizaxe:
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para o deseño de conxuntos
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para a correcta definición dimensional de produtos.
|
33.3 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B5
|
C1 C2 C3 C7
|
D6
|
Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non atinxe as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración e servizos do máster. Calquer cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudante poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.
Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o proceso e os resultados: En cada materia o profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da súa actitude e participación. Para esta materia, en concreto no compoñente de execución de probas prácticas e no de informes, poderá ser considerada a presencialidade a través das follas de firmas dos estudantes nas sesións presenciais. Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, o sistema de avaliación para explicar como se poden agrupar e espallar estas porcentaxes, e completar, deste xeito, o despregamento da repartición proposta na memoria
do máster, ás guías docentes de cada materia. |