En todas as convocatorias nota final da materia resultará da suma da obtida na avaliación continua (40% da nota) e a obtida nun exame final (60% da nota).
Avaliación continua (40% da nota final):
- 20% pola realización e presentación dun traballo no que os estudantes revisarán algún caso de competencia.
- 20% por controis periódicos.
Exame final (60% da nota final):
Como regra xeral, o exame suporá o 60% da nota. Con todo, aqueles estudantes que superasen os controis periódicos, obtendo 5 ou máis puntos (sobre 10), poderán optar por non presentarse ao exame final. Nese caso a nota media dos controis suporá un 80% da nota final.
NOTA IMPORTANTE: Se non se superan os controis periódicos, a nota final da materia será a suma da cualificación obtida por avaliación continua (40%) máis a cualificación do exame (60%). Con todo, a puntuación do exame final só se terá en conta cando sexa igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). En caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación por avaliación continua. Así mesmo, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a que obtivesen por avaliación continua.
Datas de exame.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. Véxase o apartado correspondente na web da facultade:
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html
|