Nesta materia ofrécese unha análise económica dos principáis programas de gasto público existentes nos Estados do Benestar modernos (sanidade, educación, I+D, vivenda, Seguridade Social e programas de loita contra a pobreza). Para facelo, empregaremos as ferramentas vistas na materia "Economía Pública" co obxectivo de afondar nos fallos de mercado que xustifican a intervención pública, os tipos de intervención existentes e as problemáticas asociadas á mesma. Tódolos temas serán abordados dende unha perspectiva de xénero, o que permitirá enriquecer a análise.