Por ser esta unha materia de introdución, o nivel de coñecementos e manexo de Matemáticas requirido é moi elemental a nivel das matemáticas cursadas no bacharelato. A este respecto, recoméndase ao alumno ter un bo manexo da análise gráfica e do cálculo elemental. Por outra banda, é bo que o alumno estea familiarizado cos conceptos económicos que se van a estudar. Para iso, unha lectura cotiá de xornais de información xeral pode ser moi útil. |