Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse controis periódicos que consistirán en exercicios que o alumno realizará nas clases prácticas e que terá que entregar. Contará tamén a asistencia ás clases prácticas |
30 |
|
|
C2 C4 C5 C6
|
|
SISTEMA DE AVALIACIÓN
A nota do alumno constará de dous partes: Un exame final escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e a avaliación continua que pesará ata un 40% (4 puntos). A nota final do alumno será a suma das notas destas dúas partes a condición de que o alumno alcance a nota mínima esixida no exame final escrito (2,5 puntos dos 6 posibles). En caso de non alcanzar esa nota mínima, a nota do alumno será a obtida na avaliación continua sen que se teña en conta o exame final. A nota correspondente á avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para a convocatoria de xullo do presente curso académico. Exame escrito (Ata 6 puntos ): Haberá 1 exame final escrito de contido tanto teórico como práctico que se realizará na data fixada na convocatoria oficial de exames. A nota mínima esixida para superar o exame final é de 2,5 puntos dos 6 posibles. Avaliación continua (Ata 4 puntos ): O 40% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega de follas de exercicios que poidan solicitarse, a entrega de traballos e a nota dos pequenos controis que periodicamente se farán nas clases prácticas. A nota correspondente ao apartado de avaliación continua (40% da nota final) gardarase unicamente para as convocatorias do presente curso académico. DATAS EXAMENES OFICIAIS: Na páxina web da facultade podedes consultar as datas oficiais de exames e os cambios que poidan producirse. |