Guia docente 2017_18
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Mecanismos de Toxicidade e Desintoxicación de Xenobióticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral
Os coñecementos teóricos adquiridos avaliaranse mediante unha proba final tipo test.
40 A1
A2
A3
A5
B2
C6
C7
C12
D1
D2
D6
Presentacións/exposicións
Na presentación e exposición de traballos bibliográficos valórase a habilidade na procura de información en bases bibliográficas, o manexo de bibliografía científica, a capacidade de identificación e síntese das ideas fundamentais, a capacidade para relacionar e aplicar os conceptos adquiridos ao tema concreto do traballo, a utilización apropiada da terminoloxía toxicolóxica e a capacidade para transmitir a información.
Como competencias transversais valóranse a iniciativa, a capacidade de aprendizaxe autónoma, o traballo en equipo, a capacidade de organización, a capacidade crítica e o manexo de ferramentas informáticas.
60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
C5
C6
C7
C13
C14
D1
D2
D3
D4
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A realización do traballo bibliográfico é obrigatoria para a superación da materia.

A proba final de tipo test é obrigatoria para a superación da materia e deberá ser de 5 (sobre 10) para sumar a nota do traballo bibliográfico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000