Lección maxistral |
As sesións maxistrais da programación docente están organizadas en leccións, cada unha de 50 minutos de duración. Na maioría dos casos dedicaranse a explicar e desenvolver os contidos da materia (conceptos e metodoloxías), pero debido á limitación de tempo deberán ser completadas, con anterioridade e posterioridade, con traballo autónomo do alumno mediante libros de texto, lecturas complementarias, animacións de computador e consulta de páxinas web de referencia. |
Resolución de problemas |
Teñen como misión básica integrar e aplicar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Estas sesións realizaranse durante as sesións presenciais na aula. Os enunciados dos problemas están en TEMA e deben ser resoltos polos estudantes e entregados OBRIGATORIAMENTE ao profesor con en a data indicada. Os alumnos participarán durante as clases, de forma activa, na resolución de problemas. |
Prácticas de laboratorio |
A misión das clases de laboratorio é a de presentar ao alumno o carácter experimental da materia. É necesario levar o guión de prácticas ás clases e lelo con anterioridade ao desenvolvemento das mesmas. Os contidos das prácticas están integrados cos contidos das clases maxistrais tanto teóricas como de resolución de problemas, polo que o seu contido tamén forma parte dos coñecementos necesarios para superar a materia. |
Estudos/actividades previas |
Traballo autónomo: A xenética é unha materia difícil. Hai moito material que aprender. A xenética é unha materia onde é necesario a aprendizaxe teórica paro tamén a resolución de problemas. Para superar o curso será necesario memorizar conceptos, saber organizar a información, saber obter conclusións e traballar moito a resolución de problemas. Recomendamos a 2-3 horas de estudo por cada hora en clase.
Para comprobar que o aprendizaxe se realice de acordo á marcha do curso utilizarase, preferentemente, a plataforma TEMA. Nesta plataforma o alumno atopará material (en español e en inglés) as presentacións das clases de teoría, lecturas complementarias, documentos para completar e estudar as clases teóricas, os guións de prácticas, boletíns de problemas resoltos, enunciados de problemas para resolver e test de autoevaluación.
|