As regras de avaliación son as seguintes: 1. Para aprobala necesítase alcanzar un mínimo de 5 na cualificación global da materia. 2. Pero ademais tamén será OBRIGATORIO: 2.1) Lograr unha nota mínima de 5 na avaliación de polo menos 4 das 5 prácticas (a falta de asistencia en máis dunha práctica é suspenso) 2.2) Obter un mínimo de 3 na avaliación do exame final tipo test (en xaneiro e xullo) . 3. Manteranse as notas de todas actividades obtidas na convocatoria de febreiro para a convocatoria de Xullo, excepto a do exame final que se poderá repetir (sempre cun peso do 45%). Igualmente durante dous cursos, os alumnos repetidores poderán seguir usando as súas notas de controis e prácticas, pero con posterioridade deberán volver cursar todas as actividades de novo ou optar polo mecanismo descrito no punto 5. 4. Á hora de cubrir as notas (e só para aprobados), o alumno con mellor cualificación podería rescalar a súa nota ata o máximo posible ou próximo a el (ao criterio do coordinador da materia), e na mesma proporción subiríaselle a nota a todos os aprobados. 5. Excepcionalmente, os alumnos que por causas razoadas/xustificadas non poidan optar polo proceso de avaliación anterior, podran solicitar por escrito ao coordinador unha soa avaliación global na convocatoria de Xullo. Nese caso un exame escrito avaliará todas as actividades realizadas no procedemento anterior (Controis, exame tipo test e proba escrita para cada práctica, coa correspondente ponderación). Esta opción non exime da obrigatoriedade de asistir a 4 das 5 prácticas. Tribunais extraordinarios (Suplente) Presidente: Emilio Rolán Alvarez (David Posada) Vogal 1: Manuel Megías (Bienvenido Díez) Vogal 2: Alberto Velando (Luís Navarro) Os horarios de tutorías, a localización dos profesores e laboratorios docentes plásmase e actualiza convenientemente na plataforma TEMA todos os cursos. |