O alumnado debe responsabilizarse de consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC, onde a docente irá pondo á súa disposición os temas e exercicios que se vaian traballando en clase.
O alumnado semipresencial debe tomar contacto coa docente no comezo do curso, (pode ser por correo electrónico); recoméndase que asista ás sesións de titorías colectivas que a coordinación do grao planificará periodicamente. En todo caso, o alumnado debe manterse en contacto coa docente a través dos medios dispoñibles (fundamentalmente, correo electrónico e asistencia a titorías individuais).
O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1. |