Resolución de problemas |
Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. |
10 |
A2
|
|
|
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte o exercicio da proba se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
|
60 |
A2
|
|
C1 C3 C5 C22
|
|
Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Data de entrega dos traballos tutelados:30 de abril. A data do exame será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única (convocatorias de maio e xullo) O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas establecidas pola FFT (maio e xullo). O exame final poderá incluír cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte o exercicio da proba se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas. Penalizarase a copia e o plaxio. |