Recoméndase que o alumnado lea con regularidade prensa e documentación especializada, especialmente, os boletíns oficiais (BOE, DOG). Tamén se recomenda que analice os documentos administrativos que en tanto que cidadán/á se ve obrigado/a a cubrir ou redactar.
Pártese de que o alumnado coñece as dúas linguas de traballo en profundidade, polo que non se admitirán erros lingüísiticos. Se a súa competencia for insuficiente póñanse en contacto coa docente antes do comezo do curso ou nas primeiras sesións para que lle recomende materiais que melloren a calidade dos seus escritos. |