Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Para poder defender o TFG é necesario ter aprobadas tódalas materias do Grao (agás a materia TFG).

O Tribunal avaliador avaliará o 100% do TFG e a súa defensa.

O Tribunal verificará a realización polo alumno/a, do curso da biblioteca sobre citación, antiplaxio e propiedade intelectual, para obter unha avaliación positiva.

O TFG debe ser orixinal e está prohibido o plaxio. Deberá citarse debidamente, e ter respeto á propiedade intelectual doutros/as autores/as. O Tribunal poderá empregar medios para verificalo, tales como un programa antiplaxio. No caso de cometer falta de orixinalidade e/ou plaxio, o Tribunal poderá asignar a nota de "0" (suspenso), e terá a obriga de comunicalo aos órganos competentes para que, no seu caso, adopten as medidas sancionadoras que consideren necesarias.

o TFG debe ser respetuoso cos dereitos establecidos na Constitución española vixente, e é preciso facer un uso inclusivo da lingua (perspectiva de xénero e respeto á diversidade sexual).
100 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B10
B12
B13
C31
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Estrutura xeral. TFG recoméndase que o TFG recolla os seguintes elementos:
o Portada: Deberá seguir o modelo do Anexo IV.1
o Índice de contidos
o Índice de táboas e gráficos (se fose o caso)
o Introdución xeral (obxectivos, metodoloxía, hipóteses, etc.)
o Contido ou corpo do traballo (desenvolvemento material)
o Conclusións
o Bibliografía e/ou fontes de información
o Anexos

2. Lingua: os orixinais poderán ser presentados en galego, castelán, inglés ou portugués. Existen axudas para a investigación en lingua galega.

3. Formato: O alumno/a entregará o TFG, por triplicado, encadernado ou añillado en tamaño A4 e unha copia en soporte electrónico (CD-R -preferiblemente pendrive-), convintemente etiquetado (título, autor/a, titor/a, curso, Grao) e versión PDF para arquivar. Ademáis, a solicitude xerada pola súa secretaría virtual, logo do informe favorable que o titor tamén ten que facer a través da secretaria virtual. Toda esta documentación débese enviar ao Decanato da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra (Uvigo), á atención da Coordinadora do Grao en Dirección e Xestión Pública, dende calquera rexistro da Universidade de Vigo, no plazo establecido para todo elo.
Os aspectos formais do texto responderán, preferentemente, aos seguintes criterios. No caso de empregar outro modelo alternativo nos aspectos c) e d), este debe ser debidamente xustificado seguindo as normas recoñecidas polas organizacións de referencia no eido documental:
a) Contido e corpo do traballo: poderá organizarse e presentarse de xeito que permita unha idea ou visión completa, sistemática e clara da temática tratada. Poderán empregarse subdivisións (partes, capítulos, seccións, apartados, etc.) convintemente tituladas ou marcadas, numérica ou alfabeticamente;
b) Tipografía e interliñado: Arial ou Times New Roman, tamaño 12 a espazo e medio (recomendado).
c) Notas ao pé: estarán orientadas á ampliar a información contida no corpo do texto e serán enxertadas no texto debendo aparecer ao final de cada páxina, numeradas dun xeito correlativo (1, 2, 3...) para o conxunto do capítulo ou do traballo, con interliñado 1 e tamaño 9 respectando a tipografía anterior.
d) Citas textuais: sempre que se transcriba literalmente o texto alleo deberá aparecer entre aspas. O alumno/a poderá optar por citar en nota ao pé ou no texto seguindo un modelo o uso no eido das Ciencias Sociais e Xurídicas (APA, Harvard, etc.), a condición de manter a uniformidade ao longo de todo o traballo. Lémbrase a obriga de citar todo material empregado para evitar incorrer en plaxio.

Aproximadamente a extensión máxima da totalidade do texto será dunhas 30.000 palabras.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000