Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten profundar ou complementar os contidos da materia.
Presentacións/exposicións
Exposición por parte do alumnado ante o profesorado, en ocasións tamén ante un grupo de estudantes, dun traballo ou estudo de caso
Lección maxistral
Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo e das bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que ha de desenvolver o estudante, quen terá que participar activamente mediante a formulación de preguntas e opinións. Esta participación do alumnado nas sesións maxistrais será avaliada.
Probas
Descrición
Probas de tipo test
Exame tipo test para avaliar as competencias adquiridas do alumnado, que inclúe 20 preguntas pechadas con catro opcións de resposta: a)b)c)d), das cales unha única resposta é a correcta. Por cada 2 preguntas mal contestadas réstase 1 pregunta ben. As preguntas non contestadas (en branco) non computan. O alumnado deberá obter no exame un mínimo de 1,75 puntos para sumar ao resto dos criterios.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000